ALGO ESTÁ CAMBIANDO

Plantexarse metas e novos retos é moi importante, axúdanos a avanzar.

Por este motivo, @s nen@s do cole pensaron en aquelo que querían mellorar ou lles gustaría acadar ao longo deste ano.

Despois de darlle moitas voltas, cada un deles meteu o seu desexo de cambio nun "Bote dos soños". Foi moi emocionante!
    
Para rematar, cos ollos pechados e o corpo tranquilo, escoitaron esta fermosa canción de Bomba Estéreo

Ningún comentario:

Publicar un comentario