CADEA DE SORRISOS

Nas derradeiras semanas estivemos falando da ALEGRÍA (tamén chamada ledicia), ese sentimento agradable e luminoso, que nos fai sentir tan ben e nos enche de enerxía, sacándonos mais dun sorriso de entre os beizos.

Así, as nenas e os nenos de 3º a 6º de primaria convertéronse entón en RECOLECTORES de SORRISOS!!! Fixeron todo o posible para sacarlle un sorriso aos amigos, á familia, aos veciños ou a calquera persona que puideran atopar pola rúa.

Queredes saber como fixeron? Non perdades este vídeo 😄😉

Ningún comentario:

Publicar un comentario