A semana pasada, nos obradoiros de estimulación da linguaxe oral de educación primaria, comezamos a traballar as descricións.
Para describir o noso carácter e como somos por dentro, aprendimos unha morea de adxectivos e buscamos os antónimos (contrarios) dos mesmos. Despois, fixemos a dinámica da Silueta: cada un de nós escribiu un adxectivo positivo en cada unha das siluetas dos compañeiros e compañeiras.
Cantas cousas fermosas nos escribiron os amigos e as amigas! 💚💚💚
Ningún comentario:
Publicar un comentario