MARUJA MALLO

 Estes días estamos traballando as descricións e as partes do corpo. Así que a Ra do Viñas deixounos este fermoso cuadro de Maruja Mallo, titulado "Cabeza de mujer". Xogamos a describilo, a colocar o nome das diferentes partes da cabeza e a imaxinar a historia da muller do retrato ("... podería chamarse Rosalía, estar de aniversario e cheirar a fresa", dixeron algúns 😍).



"Cabeza de mujer"
 Maruja Mallo (Viveiro, Lugo, 1902- Madrid 1995) foi unha pintora galega surrealista pertencente a Xeración do 27. A cuarta de catorce irmáns, estudou Belas Artes en Madrid e, ademais de pintar, traballou como mestra na Escola de cerámica.
De carácter rebelde e inconformista, foi unha das pintoras máis importantes do momento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario