Xa podes escoitar o segundo programa de "Español para tod@s", elaborado por Fatine e Asia.
A que esperas? Dálle ao play!
DÍA MUNDIAL DA RADIO
O Día 13 de febreiro foi o Día Mundial da Radio e o noso cole participou nun programa especial organizado por Rede Espora, a rede de escolas pola radio.
Ao longo do programa, a través da voz de moitas nenas de diferentes escolas, coñecemos os éxitos de moitas mulleres deportistas coma Chus Lago (alpinista), Ronda Rousey (artes marciais), Verónica Boquete (futbolista) ou Nawal El Moutawakel (corredora). A encargada de pórlle voz a esta última foi a nosa compañeira Fatine (5º de EP), quen o fixo de marabilla. (Noraboa, Fatine!!!)
Podedes escoitar o programa completo premendo aquí
Non o perdades!
ESPAÑOL PARA TOD@S!
Estamos de estrea!!! O primeiro programa de "Español para tod@s" xa está listo para que o escoitedes!
Neste programa (e nos que están por vir) Assia e Fatine van aprenderlle castelán a todo aquel ou aquela que o precise por descoñecer unha das nosas linguas. Todo isto o conseguirán a través de diferentes diálogos que elas mesmas elaboran cada semana.
Se queres escoitalo, dálle ao play!
IMAGINE
As nenas e os nenos de 5º de EP gravaron un programa moi especial co gallo do Día Escolar da non violencia e a paz.
Un millón de grazas á profe Isa e a profe Mabel. Sen vos non sería posible 😘😘
Busca un lugar tranquilo e desfruta escoitando os versos de "Imagine" (de John Lennon) recitados en tres idiomas diferentes.
Un millón de grazas á profe Isa e a profe Mabel. Sen vos non sería posible 😘😘
Busca un lugar tranquilo e desfruta escoitando os versos de "Imagine" (de John Lennon) recitados en tres idiomas diferentes.
NORMAS DE CONVIVENCIA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)