MULLERES DE CINE

E por fin chegou o día no que as nenas e os nenos de 6º de EP tiveron a sorte de desfrutar dunha mañá na compañía de Noemi Chantada, directora de cámara e fotografía. Un día inesquecible no que os nervios, a emoción e o entusiamo estiveron presentes a partes iguais.
Para comezar, fixéronlle unha entrevista en Radio Viñas, onde coñeceron a Noe un pouquiño máis e resolveron unha morea de dúbidas sobre o seu traballo.
Se queres escoitala, dálle ao play!
(Música: "Non son fada nin princesa" Sés)
Posteriormente, a nosa invitada tiña preparada unha actividade moi especial: un Obradoiro de cine, no que @s nen@s foron os verdadeiros protagonistas diante e detrás da cámara, desenvolvendo tarefas de dirección, cámara, vestuario, maquillaxe e interpretación.. Canto aprendimos!
Se queres ver un resumo da actividade dálle ao play ;)
Para rematar o día, Noe invitounos a valorar a experiencia e reflexionar sobre a importancia do traballo en equipo.
En canto ao produto final (unha curtametraxe zombi) poderemos velo pŕximamente.
Moitísimas grazas, Noe, polo teu trato e por esta incrible experiencia que nos aportou tanto a todos e a todas.
E motísimas grazas a todos vós, nenos e nenas, por facernos sentir unha vez máis tanto orgullo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario