O día 8 de marzo celebrouse o Día Internacional da Muller Traballadora.
Aquí tendes unha mostra das actividades que realizamos no cole ao longo dun mes de traballo, no que tanto alumn@s coma profes aprendimos moitísimo e desfrutamos todavía máis.
A caixa da igualdade.
A semana anterior ao 8M, a nosa Ra deixounos unha fermosa caixa que contiña, ademáis de confeti, unha morea de adxectivos en feminino que poderían describir a moitas das mulleres que temos a sorte de coñecer.
Estes adxectivos eran (e son) válidos tamén para moitos dos homes que nos arrodean, xa que entendemos que, aínda que diferentes como persoas, todos somos iguais no relativo aos dereitos e oportunidades, independientemente do noso xénero.
Entre tod@s, fomos descubrindo as palabras fermosas que nos definían, anotándoas na pizarra e analizando o significado e implicacións de cada unha delas.
No fondo da caixa, agochada entre o confeti, atopamos unha nota que dicía "Soy igual que tú". E así é, porque así nos sentimos.
Pulseiras de poder.
De entre todos os adxectivos que contiña a Caixa para a igualdade, cada nena e cada neno seleccionou aquel co que se sentía máis identificado e que consideraba que o definía como persoa. Non foi ninguha sorpresa descubrir que no cole hai nenos e nenas valientes, loitador@s, fortes, creativ@s, valeros@s... porque nolo demostran día a día.
Elexido o adxectivo, cada nen@ o grabou nunha pulseira que levou de recordo para a súa casa. Que ilusión nos fixo poñela!
O muro da igualdade.
O 9 de marzo, un día despois do 8M, por cursos, baixamos ao corredor principal para selar un pacto de igualdade coa nosa pegada dactilar. Mollamos o dedo índice en pintura e deixamos constancia no muro do noso compromiso.
Ademáis, de xeito voluntario, nen@s e mestres puideron escribir no muro unha mensaxe de apoio ás mulleres valerosas da nosa vida. Palabras fermosas as que escribiron estes pequenos!
Aquí tendes un resumo das actividades.
Somos feministas!
Durante todo o mes de marzo, na aula de 5º de EP afondamos no concepto de feminismo e as súas implicacións, aprendimos que é a sororidade, falamos dos motivos da folga do día 8 e da súa repercusión a nivel mundial, da necesidade desta celebración e dos aspectos nos que cómpre mellorar para que a igualdade sexa unha realidade, analizamos diferentes artigos da prensa, coñecimos mulleres destacadas da nosa historia, como Clara Campoamor... e, sobre todo, debatimos moito, contrastando as nosas opinións e aprendendo en todo momento uns dos outros.
Radio Viñas: Especial 8M
Con todo o que aprendéramos ata agora, chegou o momento de falar sobre o Día da Muller na Radio do cole.
De xeito voluntario (e condición indispensable para poder participar no programa de radio) responderon por escrito a un cuestionario sobre os contidos traballados na aula durante o último mes e sobre as actividades realizadas a nivel de centro descritas con anterioridade.
Cómpre destacar que tamén nos chegaron por escrito os cuestionarios de Miguel e Ana, pois aínda que non estiveron con nós o día que grabamos o Programa de radio, alegrounos moitísimo leer as súas respostas, proba do moito que aprenderon e das marabillosas persoas que son ambos ❤ Gracias!
Este cuestionario foi o que utilizaron como guión as nosas locutoras (Laura, Ángela, Lucía, Bassine, Sira e Noelia), o que lles permitiu preparar o programa de radio e poder contestar de xeito tan profesional ás preguntas da entrevista.
Que ben o fixeron!!! Orgullo de nenas! 😍😍😍
Se queres escoitar o programa de radio, xa sabes: Dálle ao play!!!
Música:
Fragmento de "Matriarcas", de Guadi Galego.
Base "That kid in fourth grade who really liked the Denver Broncos", de Chris Zabriskie.
Base "That kid in fourth grade who really liked the Denver Broncos", de Chris Zabriskie.
Ningún comentario:
Publicar un comentario