As nenas e os nenos de 4º de Educación Primaria levaban dúas semanas preparando a entrevista que o pasado luns lle fixeron á Concelleira de Educación e Deporte do Concello de Poio, Margarita Caldas.
Que nervios!
Para preparar a entrevista, por equipos cooperativos, anotaron aquelo que lle querían preguntar á Concelleira.
Para preparar a entrevista, por equipos cooperativos, anotaron aquelo que lle querían preguntar á Concelleira.
Despois, entre tod@s, seleccionaron as preguntas que consideraron fundamentais, desbotaron outras e engadiron algunhas novas que foron xurdindo, anotándoas na pizarra.
Posteriormente, organizaron a información e estableceron a orde das cuestións acordadas.
Feito todo esto, repartimos o traballo e cada un deles preparou a súa intervención na casa.
O resultado foi estupendo! Se queres escoitar a entrevista completa, dálle ao play!
[Neste primeiro programa de "Conversas con...", a canción elexida para introducir e rematar o mesmo titúlase "Milonga de aquí", da cantante galega Sés, xa que é unha das cantantes favoritas da Concelleira]
Ningún comentario:
Publicar un comentario