SOMOS CAPACES!

O pasado 3 de decembro foi o Día Internacional das personas con Discapacidade e na clase da Ra falamos moito sobre o que é a discapacidade e sobre as diferentes CAPACIDADES que temos tod@s e cada un de nós.
Ademais, lemos "El libro negro de los colores"(Menena Cottin- Rosana Faría) da editorial "Libros del zorro rojo", un conto escrito en braille para personas invidentes.
Tamén aprendimos moitas palabras en lingua de signos, a lingua coa que se comunican as persoas xordas, e cantamos a canción de Maldita Nerea "Hecho con tus sueños", que interpretan estupendamente @s nen@s do CEIP Atlántida de Vigo.
Por último, vimos a curtametraxe "El regalo", unha fermosa historia dun neno con discapacidade motriz que nos encantou.
Se queres velo, preme no vídeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario