CONVERSAS CON... LUCIANO SOBRAL

As nenas e os nenos de 4º de EP entrevistaron o pasado mércores ao alcalde do Concello de Poio, Luciano Sobral.
Unha entrevista chea de momentos inesquecibles e de aprendizaxes básicos para a vida, que nos serviu ademáis para coñecer mellor ao noso alcalde e as funcións que desempeña no Concello.
Se queres escoitala, non esperes máis e dálle ao play. Música: "Ahí ven o maio". Luis Emilio Batallán e Pablo Milanés.
Rematada a entrevista, poidemos desfrutar da compañía de Nito (así insistiu que o chamáramos), nunha conversa moi relaxada e divertida sobre as orquestras de Galicia.
Non a perdades!
Música: Orquestra "Los Satélites".

EL HOMBRE IMAGINARIO

O 21 de marzo celebrouse o Día Mundial da Poesía.
Nós celebrámolo escoitando, sentindo, imaxinando... co poema "El hombre imaginario", do poeta chileno recentemente falecido Nicanor Parra. Un poema que fixo latexar máis forte o noso corazón.
Se queres escoitalo, as nenas e os nenos de 6º curso o recitaron na radio do cole o pasado venres.
Xa sabes, dálle ao play! 😉
Música: "The temperature of the air on the bow of the Kaleetan" Chris Zabriskie.

MULLERES DE CINE

E por fin chegou o día no que as nenas e os nenos de 6º de EP tiveron a sorte de desfrutar dunha mañá na compañía de Noemi Chantada, directora de cámara e fotografía. Un día inesquecible no que os nervios, a emoción e o entusiamo estiveron presentes a partes iguais.
Para comezar, fixéronlle unha entrevista en Radio Viñas, onde coñeceron a Noe un pouquiño máis e resolveron unha morea de dúbidas sobre o seu traballo.
Se queres escoitala, dálle ao play!
(Música: "Non son fada nin princesa" Sés)
Posteriormente, a nosa invitada tiña preparada unha actividade moi especial: un Obradoiro de cine, no que @s nen@s foron os verdadeiros protagonistas diante e detrás da cámara, desenvolvendo tarefas de dirección, cámara, vestuario, maquillaxe e interpretación.. Canto aprendimos!
Se queres ver un resumo da actividade dálle ao play ;)
Para rematar o día, Noe invitounos a valorar a experiencia e reflexionar sobre a importancia do traballo en equipo.
En canto ao produto final (unha curtametraxe zombi) poderemos velo pŕximamente.
Moitísimas grazas, Noe, polo teu trato e por esta incrible experiencia que nos aportou tanto a todos e a todas.
E motísimas grazas a todos vós, nenos e nenas, por facernos sentir unha vez máis tanto orgullo!