Co gallo da semana da froita fresca no cole e aproveitando que comezaba a primavera, estación na que comezan a eclosionar as primeiras eirugas de seda, nos Obradoiros de Linguaxe de Educación Infantil lemos "La pequeña oruga glotona", de Eric Carle.
Coa axuda da nosa eiruga, puidemos: repasar os días da semana; exercitar a memoria seleccionando, de entre moitas imaxes, as dos alimentos que esta pequena larpeira comera ao longo da historia; e agrupando posteriormente as froitas.
Ademáis, puidemos reforzar a atención e repasar o vocabulario, saltando dentro dos aros cando escoitábamos o nome dunha froita.
Por último, puidemos visionar o proceso de metamorfose da bolboreta monarca, e reproducir todo o proceso co noso corpo ata converternos finalmente en fermosas bolboretas 😍😍😍
Ningún comentario:
Publicar un comentario