A ABELLA CECI

Os ananos de infantil, como cada semana, recibiron a unha nova amiga: a abella Ceci, que coma noutras ocasións veu agochada na caixa das sorpresas. Así, tivemos que coñecela primeiro a través do tacto (describindo o seu tamaño, forma, textura...).
Unha vez fóra da caixa, aprendeunos a pronunciar o son /z/, polo que buscamos unha morea de palabras que o contiñan, indicando a sílaba na que se atopaba o son.
Despois, sentados nunha roda e cos ollos pechados, xogamos a adiviñar que neno ou nena a tiña agochada nas mans (Ceci ten un cascabel no seu interior que produce un tintineo ao axitala). Foi moi divertido!
Por último, fixemos un pouco de ximnasia coa boca imitando a diferentes animais co xogo dos "palitos", como din eles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario