Para traballar as descricións, cada semana, os ananos de infantil teñen que adiviñar que obxecto misterioso garda a nosa caixa.
Esta semana contiña uns pequenos vermes de silicona e un slime ou masa sensorial, o que nos permitiu vivenciar diferentes sensacións táctis e establecer comparacións con outros obxectos e animais ("húmido coma a pel dunha ra", "brando coma un peluche", "pegañento coma os mocos", "é coma as patas dun polbo"...).
Pasámolo en grande e aprendimos un montón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario