Nos derradeiros días, os nenos e as nenas de 1º de educación primaria fixeron algo moi especial: unha comedeira para paxaros!
Atentamente escoitaron os pasos a seguir para facela e, entre todos, foron recapitulando todo o proceso, ao tempo que a profe tomaba nota.
Posteriormente, co texto segmentado e desordenado, clasificaron os anacos de papel segundo a estrutura que require un texto instrutivo: materiais e pasos para a elaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario