Fai uns días, na clase da Ra, Adán e Micha estiveron aprendendo a facer un experimento para ensinarllo aos nenos e nenas da súa clase.
Comezamos visionando un titorial en Youtube e, nunha segunda volta, tomamos notas e elaboramos un texto instrutivo seguindo o método científico: fixemos unha lista do material, redactamos os pasos a seguir no prodecemento e, unha vez levado á práctica o experimento, anotamos as observacións que nos pareceron oportunas.
Feito esto, Adán e Micha grabaron o seu propio titorial, no que nos ensinan cómo facer un "Volcán de cores". Que profesionais!
Por se non fora pouco, tiveron que facer un listado co material que necesitarían para poder levar a cabo o experimento con tódolos seus compañeiros na aula, comprobando deste xeito que contaban coa totalidade dos materiais necesarios.
E chegou o día da presentación do titorial na aula de 4º curso, no Obradoiro de Linguaxe. Os compañeiros e compañeiras de Adán e Micha estiveron moi atentos, polo que non lles custou moito elaborar o seu propio texto instrutivo.
Por último, por equipos cooperativos, levaron a cabo o experimento: catro volcáns erupcionando á vez! (menos mal que non estouparon 😂).
Unha experiencia xenial! Pasámolo chachi! 😁😁😁
Unha experiencia xenial! Pasámolo chachi! 😁😁😁
(Se queres ver os vídeos que grabamos durante o proceso, entra no noso perfil en Instragram: @aclasedarra 😉
Ningún comentario:
Publicar un comentario