Nos obradoiros de linguaxe de 6º curso estivemos aprendendo a facer unha reseña literaria para poder recomendarlle, a través das ondas, os nosos libros favoritos a tódolos nenos e nenas da escola.
Para tal fin, tomaron nota dos datos técnicos do libro (título, autor ou autora, ilustración, xénero e número de páxinas), redactaron parte do argumento (sen spoilers, por suposto! 😆) e fixeron unha valoración persoal do mesmo (por que lles gustaba, se era entretido, divertido, fácil de ler...).
Rematadas as nosas reseñas, grabámolas na radio. Que ben quedaron!😍😍😍 Bo traballo, moz@s!!!
Se queres escoitalas, xa sabes: dálle ao play!
Ningún comentario:
Publicar un comentario