LUME NUNCA MAIS!!!

Imaxe: Luis Davila

E nós, que poderíamos facer? #minutocreativo

CADEA DE SORRISOS

Nas derradeiras semanas estivemos falando da ALEGRÍA (tamén chamada ledicia), ese sentimento agradable e luminoso, que nos fai sentir tan ben e nos enche de enerxía, sacándonos mais dun sorriso de entre os beizos.

Así, as nenas e os nenos de 3º a 6º de primaria convertéronse entón en RECOLECTORES de SORRISOS!!! Fixeron todo o posible para sacarlle un sorriso aos amigos, á familia, aos veciños ou a calquera persona que puideran atopar pola rúa.

Queredes saber como fixeron? Non perdades este vídeo 😄😉

MENÚ MONSTRUOSO

Los símbolos pictográficos utilizados son propiedad del Gobierno de Aragón y han sido creados por Sergio Palao para ARASAAC (http://arasaac.org) que los distribuye bajo licencia Creative Commons (BY-NC-SA)
Achégase o Samaín e as nenas e os nenos de 3º e 4º de educación primaria, por equipos, están argallando uns menús monstruosamente repugnantes. Seredes quen de probalos?

OUTONO CREATIVO

 O mes de outubro deixou no cole unha morea de folliñas con palabras fermosas (que escribiron os nenos e nenas de 1º e 2º), rimas (inventadas polos nenos e nenas de 3º e 4º), microcontos (creados polos nenos e nenas de 5º e 6º curso) e folliñas brincadeiras (elaboradas polos ananos de infantil).

Entre tod@s, foron enchendo de cor a nosa árbore de outono 😍

Noraboa, artistas!

COUSAS QUE FACER EN OUTONO


A. e M. están preparando un novo cartaz: "Cousas que facer en outono"

Próximamente no corredor.

A CAIXA DO OUTONO




O 22 de setembro comezou o outono e a nosa Ra deixounos esta caixa chea de cousas fermosas que podemos atopar de paseo polo bosque.

Cos ollos pechados, tivemos que describir e adiviñar o que nos foron pousando nas máns.

Que ben o pasamos!

ALGO ESTÁ CAMBIANDO

Plantexarse metas e novos retos é moi importante, axúdanos a avanzar.

Por este motivo, @s nen@s do cole pensaron en aquelo que querían mellorar ou lles gustaría acadar ao longo deste ano.

Despois de darlle moitas voltas, cada un deles meteu o seu desexo de cambio nun "Bote dos soños". Foi moi emocionante!
    
Para rematar, cos ollos pechados e o corpo tranquilo, escoitaron esta fermosa canción de Bomba Estéreo

6 COUSAS QUE NON SABES DE MÍN


O primeiro que fixemos este ano foi presentarnos, pero non a nós mesmos, senón a un compañeiro ou compañeira.

Cantas cousas descubrimos dos demais!

BENVIDOS Á CLASE DA RA!!!

Por fin estreamos o blogue!

Despois de dous meses e medio de traballar a reo e un merecido descanso na súa charca favorita, a Ra do Viñas está aquí para contarnos todas as cosas chulas que facemos no cole.

Benvid@s a este novo (e de seguro inesquecible) curso escolar!