25 de Novembro

Rosalía, Soufiane e Jose Luis visitaron Radio Viñas o pasado 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia de xénero, para falar dunha problemática que nos preocupa a todos e a todas.
"Cheas de vida", así vos queremos ver a TODAS as mulleres e as nenas, como dí a fermosa canción de Guadi Galego que acabas de escoitar no comezo e no final da entrevista.
DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!

SALTANDO SEN PARAR!

Hoxe, nos Obradoiros de linguaxe, os nenos e nenas de 1º de educación primaria non pararon quietos!
En primeiro lugar, tiveron que saltar dentro dun aro cada vez que escoitaban unha palabra con /f/.
Despois, xogaron a nomear diferentes partes do corpo, unha por cada aro que saltaban.


Pasárono moi ben!

SUPER LOLA

¡Super Lola, la superheroína que más mola!😍😍😍

O ANIVERSARIO

Hoxe, as pequenas ras o pasaron bomba! A gata Fufi estaba de aniversario e lles levou unha tarta, cunha F que pintaba os dedos con purpurina!
Despois de cantar o feliz aniversario, apagaron unhas candeas que botaban chispas ao soprar frouxiño.
Por último, xogaron a adiviñar que podería agochar a caixa das sorpresas (esta vez un obxecto brando e pegoñento...)





Con F de FELICIDADE

Os ananos de infantil seguimos a voltas co fonema /f/: apagando candeas para reforzar o sopro, dándolle de comer á dragona Lola palabras con /f/ e imitando os sons dos cohetes "ffffffffff... pum!!!"


CIENCIA OU MAXIA?

Os nenos da clase da Ra algo andan argallando... Volcáns de cores escoitou a nosa Ra que dicían!
Próximamente en Radio Viñas. Non o perdades! 😛

 

VIÑAS NAS ONDAS

Hoxe foi un gran día: inauguramos Radio Viñas, a radio dos nenos e das nenas! Non podemos estar máis emocionados! 👏👏👏
E aínda que levábamos varios días preparando o que íamos dicir diante do micro, ao tentar grabar caímos na conta de que era necesario escribir o que queríamos comunicar. Daquela, fixemos un guión (ou escaleta) de radio.


Feita a escaleta, marcamos cun subliñador o que tiña que dicir cada locutor. Adán escolleu a cor verde e Michael, a cor azul.


Por último, dímoslle ao REC e "... unha, dúas, tres, dentro!" Grabamos parte do noso primeiro programa.
Que ben o fixeron estes dous fenómenos! Noraboa, equipo!

MARUJA MALLO

 Estes días estamos traballando as descricións e as partes do corpo. Así que a Ra do Viñas deixounos este fermoso cuadro de Maruja Mallo, titulado "Cabeza de mujer". Xogamos a describilo, a colocar o nome das diferentes partes da cabeza e a imaxinar a historia da muller do retrato ("... podería chamarse Rosalía, estar de aniversario e cheirar a fresa", dixeron algúns 😍).



"Cabeza de mujer"
 Maruja Mallo (Viveiro, Lugo, 1902- Madrid 1995) foi unha pintora galega surrealista pertencente a Xeración do 27. A cuarta de catorce irmáns, estudou Belas Artes en Madrid e, ademais de pintar, traballou como mestra na Escola de cerámica.
De carácter rebelde e inconformista, foi unha das pintoras máis importantes do momento.

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

   O 20 de novembro é o Día internacional dos dereitos dos nenos, un día que nos recorda que todos os nenos e as nenas teñen uns dereitos, independientemente do lugar do mundo no que naceran.
   Queredes saber cales son eses dereitos? Paula nolo conta. Non perdades o vídeo :)

LA SILUETA

   A semana pasada, nos obradoiros de estimulación da linguaxe oral de educación primaria, comezamos a traballar as descricións.

   Para describir o noso carácter e como somos por dentro, aprendimos unha morea de adxectivos e buscamos os antónimos (contrarios) dos mesmos. Despois, fixemos a dinámica da Silueta: cada un de nós escribiu un adxectivo positivo en cada unha das siluetas dos compañeiros e compañeiras.
   Cantas cousas fermosas nos escribiron os amigos e as amigas! 💚💚💚

CON F DE FUFI



Que ben o pasamos aprendendo as letras e os seus sons!

Esta semana tocou aprender a F de Fufi, unha gatiña moi riquiña que veu de visita a nosa clase.

Fixemos unha F de plastelina, escribimos a letra en area e na pizarra de luz, repasamos co dedo unha F de velcro e aprendimos palabras que comezaban por ela.

NON MAIS LUMES!




Esto xa vai collendo forma 😊
Cada día contamos con mais pingas de auga con solucións para evitar os incendios.
Todos contra o lume!
Coidemos o planeta!

PRAXIAS!

   Esta é, sen lugar a dúbidas, unha das actividades favoritas das pequenas ras. Con estas tarxetas facemos un pouco de ximnasia coa boca, aprendemos o nome de moitos animais e imitamos o son que fai cada un deles. E rimo moitísimo! 😁

SOPRANDO ANDO!

   Que ben o pasamos soprando! É moi divertido e axúdanos a falar moi ben 😊

COUSAS QUE FACER EN OUTONO

   O cartaz do Outono xa está colgado no corredor! Botádelle unha ollada! Contén unha morea de actividades que A. e M. nos recomendan facer para disfrutar desta fermosa estación. 😊