VIÑAS NAS ONDAS

Hoxe foi un gran día: inauguramos Radio Viñas, a radio dos nenos e das nenas! Non podemos estar máis emocionados! 👏👏👏
E aínda que levábamos varios días preparando o que íamos dicir diante do micro, ao tentar grabar caímos na conta de que era necesario escribir o que queríamos comunicar. Daquela, fixemos un guión (ou escaleta) de radio.


Feita a escaleta, marcamos cun subliñador o que tiña que dicir cada locutor. Adán escolleu a cor verde e Michael, a cor azul.


Por último, dímoslle ao REC e "... unha, dúas, tres, dentro!" Grabamos parte do noso primeiro programa.
Que ben o fixeron estes dous fenómenos! Noraboa, equipo!

2 comentarios: