CIENCIA OU MAXIA?

Estamos de estrea! Damos inicio a unha nova sección de radio: "¿Ciencia o magia?", na que David e Miguel van falar dos experimentos que están a facer na Clase da Ra.
Neste primeiro programa, contáronnos o seu primeiro experimento.
Se queres saber como se fai un volcán de cores, dálle ao play! [A canción que acabas de escoitar titúlase "Prnavor", de Emir Kusturica]

PROBANDO, PROBANDO...!

Hai uns días, David e Miguel, alumnos de 2º de Educación Primaria, estiveron facendo probas na radio. Aproveitamos a ocasión para falar dos seus contos favoritos.
Se queres escoitalos, dálle ao play!
[No programa acabas de escoitar "Oxam", unha canción do grupo africano de nome Mahube].

CONSTRUÍNDO COAS PALABRAS

Hoxe, as pequenas ras o pasaron moi ben xogando cos sons.
Tiveron que adiviñar as vogais polas que comezaban ou remataban as palabras e contar o número de sílabas que tiña cada unha delas.
Por cada resposta correcta obtiveron unha peza do xogo das construcións.
Mirade que ben o fixeron!
 
 Se queres ver todos os vídeos e fotos da actividade, visita o perfil @aclasedarra no Instagram 😉

CONVERSAS CON...

 As nenas e os nenos de 4º de Educación Primaria levaban dúas semanas preparando a entrevista que o pasado luns lle fixeron á Concelleira de Educación e Deporte do Concello de Poio, Margarita Caldas.
Que nervios!
Para preparar a entrevista, por equipos cooperativos, anotaron aquelo que lle querían preguntar á Concelleira.
Despois, entre tod@s, seleccionaron as preguntas que consideraron fundamentais, desbotaron outras e engadiron algunhas novas que foron xurdindo, anotándoas na pizarra.
Posteriormente, organizaron a información e estableceron a orde das cuestións acordadas.
Feito todo esto, repartimos o traballo e cada un deles preparou a súa intervención na casa.
O resultado foi estupendo! Se queres escoitar a entrevista completa, dálle ao play!
[Neste primeiro programa de "Conversas con...", a canción elexida para introducir e rematar o mesmo titúlase "Milonga de aquí", da cantante galega Sés, xa que é unha das cantantes favoritas da Concelleira]

SOMOS CAPACES!

O pasado 3 de decembro foi o Día Internacional das personas con Discapacidade e na clase da Ra falamos moito sobre o que é a discapacidade e sobre as diferentes CAPACIDADES que temos tod@s e cada un de nós.
Ademais, lemos "El libro negro de los colores"(Menena Cottin- Rosana Faría) da editorial "Libros del zorro rojo", un conto escrito en braille para personas invidentes.
Tamén aprendimos moitas palabras en lingua de signos, a lingua coa que se comunican as persoas xordas, e cantamos a canción de Maldita Nerea "Hecho con tus sueños", que interpretan estupendamente @s nen@s do CEIP Atlántida de Vigo.
Por último, vimos a curtametraxe "El regalo", unha fermosa historia dun neno con discapacidade motriz que nos encantou.
Se queres velo, preme no vídeo.