"TIGRES DE LA OTRA NOCHE"

David, Miguel e Joaquín estiveron fai uns días na Radio do cole para recitar un fragmento de "Tigres de la otra noche", un fermoso conto en verso de María García Esperón.
Que ben o fixeron! Non deixedes de escoitalos porque paga a pena!
Bravo chicos!
A que esperas? Dálle ao play!
Música: "Pacham Se Gara", de Anoushka Shankar.

LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA

David, Miguel y Joaquín nos narran la historia de esta pequeña oruga, a través de una adaptación del famoso cuento de Eric Carle.
Si eres de los que te gustan las adivinanzas ¡no te lo pierdas!

ESPAÑOL PARA TOD@S. PROGRAMA 05!!!

En el quinto programa de "Español para tod@s", Assia Y Fatine nos presentan a un nuevo compañero, último fichaje de Radio Viñas 👏👏👏
¡Bienvenido Achraf!😁

RESEÑAS LITERARIAS NAS ONDAS

Nos obradoiros de linguaxe de 6º curso estivemos aprendendo a facer unha reseña literaria para poder recomendarlle, a través das ondas, os nosos libros favoritos a tódolos nenos e nenas da escola.
Para tal fin, tomaron nota dos datos técnicos do libro (título, autor ou autora, ilustración, xénero e número de páxinas), redactaron parte do argumento (sen spoilers, por suposto! 😆) e fixeron unha valoración persoal do mesmo (por que lles gustaba, se era entretido, divertido, fácil de ler...).
Rematadas as nosas reseñas, grabámolas na radio. Que ben quedaron!😍😍😍 Bo traballo, moz@s!!!
Se queres escoitalas, xa sabes: dálle ao play!

EXPERIMENTO: VOLCÁN DE CORES

Fai uns días, na clase da Ra, Adán e Micha estiveron aprendendo a facer un experimento para ensinarllo aos nenos e nenas da súa clase.
Comezamos visionando un titorial en Youtube e, nunha segunda volta, tomamos notas e elaboramos un texto instrutivo seguindo o método científico: fixemos unha lista do material, redactamos os pasos a seguir no prodecemento e, unha vez levado á práctica o experimento, anotamos as observacións que nos pareceron oportunas.
Feito esto, Adán e Micha grabaron o seu propio titorial, no que nos ensinan cómo facer un "Volcán de cores". Que profesionais!
Por se non fora pouco, tiveron que facer un listado co material que necesitarían para poder levar a cabo o experimento con tódolos seus compañeiros na aula, comprobando deste xeito que contaban coa totalidade dos materiais necesarios.
E chegou o día da presentación do titorial na aula de 4º curso, no Obradoiro de Linguaxe. Os compañeiros e compañeiras de Adán e Micha estiveron moi atentos, polo que non lles custou moito elaborar o seu propio texto instrutivo.
Por último, por equipos cooperativos, levaron a cabo o experimento: catro volcáns erupcionando á vez! (menos mal que non estouparon 😂).
Unha experiencia xenial! Pasámolo chachi! 😁😁😁
(Se queres ver os vídeos que grabamos durante o proceso, entra no noso perfil en Instragram: @aclasedarra 😉



COMO FACER UNHA COMEDEIRA PARA PAXAROS

Nos derradeiros días, os nenos e as nenas de 1º de educación primaria fixeron algo moi especial: unha comedeira para paxaros!
Atentamente escoitaron os pasos a seguir para facela e, entre todos, foron recapitulando todo o proceso, ao tempo que a profe tomaba nota.
Posteriormente, co texto segmentado e desordenado, clasificaron os anacos de papel segundo a estrutura que require un texto instrutivo: materiais e pasos para a elaboración.
Feito esto, ordenaron secuencialmente os pasos a seguir para a elaboración, traballando en equipo.
Por último, debuxaron a comedeira (que fixeron en plástica coa súa titora) e uns paxariños moi chuliños.
Se queres ver todo o proceso, preme no vídeo.

A CAIXA MISTERIOSA

Para traballar as descricións, cada semana, os ananos de infantil teñen que adiviñar que obxecto misterioso garda a nosa caixa.
Esta semana contiña uns pequenos vermes de silicona e un slime ou masa sensorial, o que nos permitiu vivenciar diferentes sensacións táctis e establecer comparacións con outros obxectos e animais ("húmido coma a pel dunha ra", "brando coma un peluche", "pegañento coma os mocos", "é coma as patas dun polbo"...).
Pasámolo en grande e aprendimos un montón!

A ABELLA CECI

Os ananos de infantil, como cada semana, recibiron a unha nova amiga: a abella Ceci, que coma noutras ocasións veu agochada na caixa das sorpresas. Así, tivemos que coñecela primeiro a través do tacto (describindo o seu tamaño, forma, textura...).
Unha vez fóra da caixa, aprendeunos a pronunciar o son /z/, polo que buscamos unha morea de palabras que o contiñan, indicando a sílaba na que se atopaba o son.
Despois, sentados nunha roda e cos ollos pechados, xogamos a adiviñar que neno ou nena a tiña agochada nas mans (Ceci ten un cascabel no seu interior que produce un tintineo ao axitala). Foi moi divertido!
Por último, fixemos un pouco de ximnasia coa boca imitando a diferentes animais co xogo dos "palitos", como din eles.

A PEQUENA EIRUGA LARPEIRA


Co gallo da semana da froita fresca no cole e aproveitando que comezaba a primavera, estación na que comezan a eclosionar as primeiras eirugas de seda, nos Obradoiros de Linguaxe de Educación Infantil lemos "La pequeña oruga glotona", de Eric Carle.
Coa axuda da nosa eiruga, puidemos: repasar os días da semana; exercitar a memoria seleccionando, de entre moitas imaxes, as dos alimentos que esta pequena larpeira comera ao longo da historia; e agrupando posteriormente as froitas.
Ademáis, puidemos reforzar a atención e repasar o vocabulario, saltando dentro dos aros cando escoitábamos o nome dunha froita.

Por último, puidemos visionar o proceso de metamorfose da bolboreta monarca, e reproducir todo o proceso co noso corpo ata converternos finalmente en fermosas bolboretas 😍😍😍
 

NOVOS PROGRAMAS DE "ESPAÑOL PARA TOD@S"

Xa podes escoitar dous novos programas de "Español para tod@s", nos que Assia e Fatine nos falan da súa terra natal, Marrocos, e cantan unha das súas cancións favoritas. 👏👏👏
Se queres esoitalos, xa sabes: dálle ao play!
Música: "Little Idea" Bensound (Royalty Free Music)